Navegación por
Mes: Xullo 2021

Domaio circular

Domaio circular

Bos días, queridos amigos e amigas de A SENDA DO MOUCHO. O pasado domingo percorrimos unha das zonas máis húmidas, fermosas e frondosas de bosque autóctono do Concello de Moaña. Quixemos chamarlle “Domaio circular” porque foi un percorrido medioambiental de saída e volta á costa da Enseada do Mouro en Domaio.
O ben que o pasamos, o bo ambente e o moito que aprendimos, amósaxe claramente nas caras dos usuarios de A Senda do Moucho.
Fermoso percorrido e fermosísima xente que sempre desexa regresar connosco.

O Miño dende dentro

O Miño dende dentro

Queridas amigas e amigos de A SENDA DO MOUCHO
Aquí vos deixamos o video que amosa a nosa mouchoaventura aprendendo do pai Miño dende o interior nas maravillosas balsas de rafting dos nosos amigos de Vaguadaventura aos que lles estamos moi agradecidos pola súa profesionalidade.
Merlos acuáticos, Milanos reais, Garza real, poidemos asexar dende as nosas embarcacións, levando uns auténticos mestres pilotando as nosas balsas,nas que que moitas e moitos de nós disfrutamos “O Miño dende o interior”.
Foi unha data espectacular a que vivimos, de moita confraternización, aprendizaxe e coñecementos. Tal e coma sempre foi e queremos que sexa en A Senda do Moucho.
Agardamos que vos guste.
Vémonos pronto.

Circular Medioambiental de DOMAIO

Circular Medioambiental de DOMAIO

Os amosamos aquí o video da prospección do percorrido medioambiental do vindeiro domingo, 11 de xullo, onde percorreremos unha das parroquias máis fermosas da Península do Morrazo e que pertence ao Concello de Moaña.
Neste percorrido veremos lugares emblemáticos e tan cheos de lendas, de historia e prehistoria que as veces abruma que, un lugar tan pequeno, e que percorreremos en 12 km nunha ruta circular, poida ter tantos contidos e tantas cousas de interese que nos fará coñecer a fondo un lugar que abofé valoraremos, ao menos, pola súa beleza paisaxística e etnográfica.
Invitámosvos a que nos acompañedes e disfrutedes co bo ambente e a compañía de A Senda do Mundo.
¡AGARDÁMOSVOS!