Navegación por
Mes: Decembro 2021

III Expedición a Laponia 2021

III Expedición a Laponia 2021

Este ano 2021, a pandemia que nos acosa, atosiga e aflixe, deixounos un grande momento de respiro, grazas a boa organización das autoridades sanitarias e a nosa responsabilidade como cidadáns e usuarios, para poder voltar por 3º ano, outra vez a nosa querida Laponia. Ese bastísimo territorio de Taiga que está ocupada por países como Noruega, Suecia, Rusia e a nosa querida e demandada Finlandia ou, como se diría para os Sami, SUOMI.


Os Sami son os últimos indíxenas de Europa e son dos poucos pobos xenuinos que desenrolan e desenrolaron dende hai máis de 1000 anos a súa cultura no Círculo Polar Ártico.


Nós fomos este ano 170 km máis ao norde do Círculo Polar Ártico do que tiñamos costume de ir. Á provincia de Kiitila en Levi, con temperaturas que sofrimos e disfrutamos, dentre -27 e -35 ºC.


Aquí vos deixamos o vídeo que queremos compartir con todas e todos vós e, para que pensedes que xa estamos traballando na seguinte e noutros percorridos de MUNDO MOUCHO por outros rincóns do Planeta, para o 2022 e se a situación do COVID-19, nolo permite. Namentres, ilusionémonos, traballemos duro e creemos novos destiños e situacións onde admirar os verdadeiros monumentos e riquezas naturais que aínda perduran nesta, a nosa casa que chamamos Terra.

III Expedición a Laponia 2021