Navegación por
Autor: Gerardo

Insectos

Insectos

Este video é un agasallo do meu querido compañeiro José Luis Gayoso, gran amigo, compañeiro de campo tantas e tantas veces, nas que, logo de ver este video, creo que lle logrei inocular co meu vicio e interese sobre o sempre sorprendente mundo dos insectos, ou coma dicimos nós, sobre as formas e vida das cousas pequenas. Déboche tantas cousas, meu querido amigo…Empuxáchesme tanto porque seguira debuxando e por aupar A Senda do Moucho nos primeiros anos de andadura.
Un millón de grazas.

Domaio circular

Domaio circular

Bos días, queridos amigos e amigas de A SENDA DO MOUCHO. O pasado domingo percorrimos unha das zonas máis húmidas, fermosas e frondosas de bosque autóctono do Concello de Moaña. Quixemos chamarlle “Domaio circular” porque foi un percorrido medioambiental de saída e volta á costa da Enseada do Mouro en Domaio.
O ben que o pasamos, o bo ambente e o moito que aprendimos, amósaxe claramente nas caras dos usuarios de A Senda do Moucho.
Fermoso percorrido e fermosísima xente que sempre desexa regresar connosco.

O Miño dende dentro

O Miño dende dentro

Queridas amigas e amigos de A SENDA DO MOUCHO
Aquí vos deixamos o video que amosa a nosa mouchoaventura aprendendo do pai Miño dende o interior nas maravillosas balsas de rafting dos nosos amigos de Vaguadaventura aos que lles estamos moi agradecidos pola súa profesionalidade.
Merlos acuáticos, Milanos reais, Garza real, poidemos asexar dende as nosas embarcacións, levando uns auténticos mestres pilotando as nosas balsas,nas que que moitas e moitos de nós disfrutamos “O Miño dende o interior”.
Foi unha data espectacular a que vivimos, de moita confraternización, aprendizaxe e coñecementos. Tal e coma sempre foi e queremos que sexa en A Senda do Moucho.
Agardamos que vos guste.
Vémonos pronto.

Circular Medioambiental de DOMAIO

Circular Medioambiental de DOMAIO

Os amosamos aquí o video da prospección do percorrido medioambiental do vindeiro domingo, 11 de xullo, onde percorreremos unha das parroquias máis fermosas da Península do Morrazo e que pertence ao Concello de Moaña.
Neste percorrido veremos lugares emblemáticos e tan cheos de lendas, de historia e prehistoria que as veces abruma que, un lugar tan pequeno, e que percorreremos en 12 km nunha ruta circular, poida ter tantos contidos e tantas cousas de interese que nos fará coñecer a fondo un lugar que abofé valoraremos, ao menos, pola súa beleza paisaxística e etnográfica.
Invitámosvos a que nos acompañedes e disfrutedes co bo ambente e a compañía de A Senda do Mundo.
¡AGARDÁMOSVOS!

O Río Alén

O Río Alén

Queridos seguidores e seguidoras de A Senda do Moucho:

Xa temos preparado o percorrido medioambiental sobre as Costas do Río Alén. disfrutade do video sobre a preparación do Río Alén, tributario do río Tea e río cheo de misterio, lendas e dunha exhuberancia natural propia dos nosos bosques atlánticos húmidos ou fragas.

A ruta do río Alén percorre parte do territorio da parroquia de Barcia de Mera. Tributario do río Tea, ambos forman parte da Rede Natura 2000 constituindo no seu conxunto unha das redes fluviais mellor conservadas do sur de Galicia en canto a calidade das súas augas, os seus hábitats de ribeira, e especies animais e vexetais.

A súa lonxitude total se aproxima ós sete kilómetros, sendo un sendeiro en canto o seu interese: Patrimonio histórico/artístico e medioambiental.

Lonxitude total (con inicio e remate nos muíños de Portafurado) é de 10 Km e de dificultade: Media.

O percorrido medioambiental do Alén ofrécenos a oportunidade de achegarnos ós valores naturais deste tributario do río Tea, de xeito particular no tramo comprendido entre a ponte do Alén e San Xoán de Mosteiro. Dous hábitats de bosque destacan neste percorrido: o bosque de ribeira de amieiro (Alnus glutinosa) e freixa (Fraxinus angustifolia), hábitat de conservación prioritaria segundo a normativa comunitaria, e unha noviña carballeira termófila dominada polo carballo (Quercus robur) e o loureiro (Laurus nobilis), que constitúe un dos tipos de bosque máis ameazados de Galicia.

Nas especies vexetais a xilbarbeira (Ruscus aculeatus), unha fenta relicta do Terciario (Woodwardia radicans) e árbores escasas na provincia de Pontevedra como o lamagueiro (Ulmus glabra) aumentan a rica biodiversidad destes hábitats de bosque e contribúe na incrementar o seu valor e necesidade de conservación.

A fauna da zona, á lóxica presenza de especies do medio acuático coma o merlo rieiro o migrador ameán ou reo (Salmo trutta trutta) que mesmo posúe un topónimo propio no río Alén: a “poza dos ameáns”, ou a lontra (Lutra lutra). Engade a posibilidade de desfrutar coa experiencia única de sentir o canto á noitiña do bufo real (Bubo bubo) nas abruptas e fraguentas penedías das Costas do Alén.

Todo un luxo dun ecosistema dun grandísimo valor ecolóxico e paisaxístico propio do noso país.

¡¡¡¡ANÍMATE A EXPLORALO CONNOSCO !!!!

Aquí vos deixamos un video do que foi a prospección do ano pasado por este lugar tan emblemático do sur de Galicia.

FOMOS A CHANDREXA A SABER DO QUEIXA OU LOBO CERVAL.

FOMOS A CHANDREXA A SABER DO QUEIXA OU LOBO CERVAL.

En Galicia podemos afirmar que temos, polo menos, 2 vertebrados de grande porte extintos dentro da nosa xeografia: un é o oso, que aínda que entra en Galicia e merodea, non hai datos ata a fecha de que se reproduza e críe no noso territorio, polo menos ata o de agora, aínda que se deixa ver con relativa frecuencia. E o outro é o lobo cerval ou o Queixa (Lynx lynx). Efectivamente falo do lince común, o felino do xénero Lynx de maior tamaño do seu xénero, chegando aos 135 cm de lonxitude e aos 35 kg de peso, é nativo de Europa que habitou Galicia e mais no norte da Península Ibérica.

Tal e coma rezan as fichas que en A SENDA DO MOUCHO creamos para esta viaxe ao Macizo Central galego ou ourensán, era un grande depredador de aspecto imponente que paseaba polos montes de Galicia. En moitos sitios lle chamaban O Tigre, coma no Suído, ao que a finais do século XVIII, con su gusto por la precisión e un profundo coñecemento da lingua, o Pai Frai Martín Sarmiento, esclarecía na sua correspondencia en 1760“O nome de tigre é falso, pois non hai tigres na Europa, máis chamam-no tigre por ter o pel manchado (…) Chámase lobo cerval, lobernom, lubicám ou lobo rabaz. Os quatro nomes primeiros empezan con lobo pero apenas aluden á súa voracidade, non a que sexa animal do xénero lobo, pois só é do xénero gato.”

No século XIX, o estudioso Eladio Rodríguez precisaba nos seus estudos léxicos: “o nome de cerval venlle de ser o seu berro semellante aos cervos.”

Falamos, por suposto do berro en época de celo que se facía escoitar no Macizo Central e en moitos dos montes e Serras de Galicia.

Hoxe sabemos polos rexistros que se tomaban das pezas que capturaban os “alimañeiros” que se trataba dun lince de grandes dimensións e que era un gran depredador de pezas como o corzo. Non coma o lince ibérico (Lynx pardinus) cuia presa principal é o coello e que era un felino de menor tamaño que se cre, non pasou ao norte dende a provincia de Zamora, onde si tivo presenza.

Aínda, o noso insine naturalista Víctor López Seoane, na sua “Fauna Mastológica” (1863) situaba ao Lobo cerval ou Queixa, campando por Lalín, Taveirós ou a Terra Cha.

Trataríase dunha especie que ocuparia todos os “Pireneos Cantábricos”, como así chamaba D. Eliseu Reclus, aos cordais que parten de Euskal Herria e se adentran ata o surleste da Galicia.

REFERENCIAS:

Efeméride data da muller e a nena na ciencia

Efeméride data da muller e a nena na ciencia

Hoxe, A SENDA DO MOUCHO, como empresa adicada á divulgación e a educación medioambiental, celebramos a Data Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha xornada para reivindicar o papel fundamental nas comunidades da ciencia e tecnoloxía das mulleres e das nenas e que a súa participación, moitísimas veces silenciada, ignorada e ate denigrada ou olvidada, deberá ser restituida, fortalecida e incluso devolta e enunciada como corresponde.
Parabéns e a seguer tamén nesta loita que fai, sin dúbida, da nosa sociedade un mundo millor, máis xusto e igoalitario.

“ O COUREL DOS TESOS CUMES “ 19/21 DE MARZO 2021

“ O COUREL DOS TESOS CUMES “ 19/21 DE MARZO 2021

Este Invierno sí que está cayendo con dureza en las montañas de Galicia dejándose notar palpablemente en la Sierra de O Courel. Los prados de montaña están completamente nevados. Los bosques de montaña de Folgoso do Courel y Quiroga, nos ofrecen un hermosísimo manto blanco.

Pero en la época en la que pretendemos viajar a O Courel, comienza cronológicamente el nacimiento de la primavera que poco a poco, nos permitirá acercarnos a lugares como a Lagoa de Lucenza, a las aldeas de Vilamor y Froxán o bordear picos como Formigueiros, el más alto de O Courel.

Un año más nos acercamos allí en una época muy diferente al que solemos acudir queriéndolo compartir con los que amáis las altas cumbres de Galicia.

19 DE MARZO, VIERNES: MUSEO GEOLÓXICO DE QUIROGA, A SEARA y LA LAGUNA GLACIAR DE LUCENZA

08:00 H Salida de Vigo en autocar, frente al Concello, Praza do Rei, en la parada de ViTRASA (actual AVANZA) al comienzo de Avda. das Camelias.

08:15 H Salida de Vigo en autocar, frente al Antiguo Rectorado de la Universidade de Vigo en r/ Areal.

10:30 H Llegada al Museo Xeolóxico de Quiroga. Visita guiada donde se nos explicará la formación geológica que contemplaremos en estas montañas, descubrimientos como el de Elba, restos de una mujer de hace 9.000 años y probablemente pastora por estas montañas de O Courel, a Ruta das aldeas paleozoicas, minerales, etc.

Al terminar saldremos en el autocar hasta el punto de inicio de la actividad, donde haremos un picado de varios recorridos para poder observar la Laguna Glaciar de Lucenza, no sin antes admirar la aldea de A Seara.

La aldea de A Seara es uno de los poblados más representativos de La Sierra de O Courel y que se encuentra en el fondo de un valle regado por el río Selmo. Una aldea de una belleza impactante, digna de ser visitada.

El recorrido medioambiental que realizaremos con A Senda do Moucho, es una ruta circular de aproximadamente 10 km. de dificultad media con un paisaje maravilloso que se encuentra dentro del espacio de la Red Natura de Os Ancares-O Courel.

Tiempo libre para realizar el almuerzo que cada uno traerá de casa.

Ascenderemos por el valle del Forgas hasta la Laguna da Lucenza, de origen glaciar, cuando hace miles de años, en el Pleistoceno, el hielo cubría Europa y el Norte de la Península Ibérica. Además estaría estrechamente relacionada con los glaciares que cubrieron las tierras altas de La Sierra de O Courel.

Al acabar el recorrido intentaremos acercarnos, si el tiempo nos lo permite, hasta la Fervenza de VIeiros, una de las joyas de O Courel. Al finalizar cogeremos el autocar que nos llevará a nuestro Hotel Rural habitual en esta zona y dónde siempre nos tratan con tanto mimo.

Llegada y distribución de habitaciones.

21:00 H Cena y alojamiento.

20 DE MARZO, SÁBADO: DEVESA DA ROGUEIRA – PICO FORMIGUEIROS (1641 m.)

09:00 H Desayuno y recogida del picnic.

Salida en autocar hasta el punto de inicio del recorrido hacia el bosque mixto autóctono de La Devesa da Rogueira para continuar por la Fervenza do Cervo y el pico Formigueiros, partiendo del Alto do Couto o Puerto de Visuña (1311 m.).

Desde el alto de este recorrido será posible observar Las Médulas de León y al fondo, los Montes Aquilanos.

Haremos una parada para comer nuestro picnic y continuación de la ruta.

Recorreremos la pista forestal que nos lleva hasta las faldas del Pico Formigueiros que por su cara S-SO mira hacia Campa da Lucenza y más abajo a la aldea de A Seara.

Fin del recorrido interpretado, estiraremos para enfriar debidamente y nos recogerá el autocar que nos llevará de vuelta a nuestro Hotel Rural.

21:00 H. Cena y alojamiento.

21 DE MARZO, DOMINGO: VILAMOR E FROXÁN – VIGO

09:00 H Desayuno y recogida del picnic.

Llegada a Vilamor, localidad situada a 570 m. de altitud con unas maravillosas vistas sobre el valle del río Lor y su iglesia construida en el siglo XVIII. Antaño y hasta principios de los años setenta, en la fiestas patronales dedicadas a San  Vicente, se celebra el significativo “baile dos toxos” en el interior de las cuadras, con el suelo cubierto por los tojos, y así, las grandes nevadas que antes caían no estropearan la celebración de las fiestas.

Recorreremos los caminos que comunicaban las aldeas de Vilamor con Froxán, toda esta hermosísima comarca, cruzando el río Lor que baja encajonado y vigilado desde el alto por un gran castro celta y unos alcornocales únicos en la comarca.

Tiempo libre para realizar nuestra comida de picnic en la aldea de Froxán, declarada como BIC (Bien de Interés Cultural) y catalogada por la UNESCO como Patrimonio Inmaterial de la Humanidad.

Al terminar regresaremos hasta Vilamor por una hermosísima ruta y donde nos espera el autocar para llevarnos de vuelta a Vigo, después de estirar y refrescarnos un poco.

17:00 H Fin del recorrido y regreso a Vigo.

20:30 H Hora prevista de llegada a Vigo y fin de nuestros servicios..

Todos los recorridos están supeditados a cambios dependiendo de la meteorología y bajo el criterio del guía-educador medioambiental.

Para más información ponerse en contacto con el teléfono siguiente:

Gerardo: 627133978