Navegación por
Autor: Gerardo

Covas e Lendas Galiñeiro

Covas e Lendas Galiñeiro

Ola a todos mouchiños e mouchiñas. Aquí vos deixamos o video realizado durante a preparación do percorrido das Covas e Lendas do Galiñeiro. Xa ía pouca luz esa tarde, por iso é máis breve do habitual, pero en esencia amosa a fermosísima paisaxe desta zona entre Vincios e Vigo que ben debera estar protexida dos lumes, das prospeccións mineiras, dos que lles queren impor estacións eólicas. Un lugar que foi paso dos homes dende hai 4000 a 3000 anos antes da nosa era e que amosa petroglifos únicos en toda Europa.
Lugares que deberan estar máis protexidos. Isto, en moitos países avanzados onde se conserva a ultranza o patrimonio inmemorial e inmaterial sería inadmisible e aproveitado en prol da súa protección.
É así como queremos “vivir como galegos” ???
Educar, divulgar, coñecer para valorar e poder protexer. “Porque protexemos o que valoramos e valoramos o que coñecemos”.

UN FUNGO MOI POEIRENTO, Pisolithus arhizus ( Scop. ) Rauschert (1959)

UN FUNGO MOI POEIRENTO, Pisolithus arhizus ( Scop. ) Rauschert (1959)

Últimamente, nos percorridos de educación ambiental que realizamos con A Senda do Moucho, xurden cousas que as veces pasamos por alto por costume ou por estar atentos á xente que levamos guiando. Pero os nosos usuarios son xente curiosa, ávida por aprender todo o que acontece ao noso arredor. Tal é o caso de moitos fungos, prantas, etc.


Pisolithus arhizus ( Scop.) Rauschert (1959)

Todos, comúnmente, chamamos peido de lobo a calqueira fungo que solta ese póo ao aire cando se lle toca ao noso paso ou a propósito. Pero non todo é peido de lobo (Lycoperdum spp.). Hai un fungo que brota con forza á superficie da terra e que xurde ata rompendo o asfalto en zonas de estrada que transcurre pegada a bosques de eucaliptos ou amplas zonas de piñeiral e bosque mixto. Estamos a falar do “Pisolithus arhizus” ( Scop. ) Rauschert (1959).

Iste fungo aseméllase a unha trufa cando a temos fresca, recén xurdida pero a meirande parte das veces xa a vemos totalmente convertida en póo, é dicir, xa ten as súas esporas maduras nunha masa de póo marrón cando se ven en masa, estando expostas ao aire.

O Pisolithus arhizus forma micorrizas con todo tipo de raiceira polo que é moi utilizado polos silvicultores e xardiñeiros en zonas degradadas ou bosques anteriormente talados. De aí que o vexamos agromar do chan en zonas de eucaliptais e así aumentar o éxito deste tipo nocivo de silvicultura que está a asolar os nosos ecosistemas autóctonos. Nos lugares degradados polas talas e os incendios son moi comúns aparecendo ao noso paso cando circulamos por entre este tipo de prantacións, que non bosques.

Piso”, é o vocablo en grego que sinifica guisante (Pisum sativum) e “lith”=pedra e o nome específico “A”=sin e “rrizus”=raiceira. Ambos constitúen o binomio para a nomenclatura científica que desina esta especie: “Pisolithus arrhizus” ou “guisante de pedra sen raiceiras”.

Un uso tradicional en toda Europa foi o de tinxir a lá en diversos tonos de marrón, polo que traducido, por exemplo, do inglés Dyeball sería bola de tinte.

Aínda que moitos expertos din que é un fungo comestible pero de baixa calidade gastronómica, a verdade é que pode chegar a ser tóxico. É dicir, non ten importancia nin validez culinaria.


REFERENCIAS:

  • Martin, F., J. Díez, B. Dell y Delaruelle, 2002. Filogeografía de la especie ectomicorrízica Pisolithus, según se infiere a partir de secuencias de ITS de ADN ribosómico nuclear,; New Phytologist 153: pp345-357.
  • Diccionario de los Hongos; Paul M. Kirk, Paul F. Cannon, D.W. Minter y J.A. Stalpers; CABI, 2008.
  • http://www.micobotanicajaen.com/Revista/Articulos/DMerinoA/Aportaciones024/Pisolithus%20arhizus.pdf
  • https://www.first-nature.com/fungi/pisolithus-arrhizus.php.
  • https://www.sciencephoto.com/media/576067/view
¿GRILOS CON AGUILLÓN?

¿GRILOS CON AGUILLÓN?

A miúdo e dende finais do vran, finais de agosto e ben entrado setembro, teremos todos os anos a posibilidade de ver unha especie de saltamontes graaaande e gordo, sen alas aparentemente, e que camiña entre a vexetación arbustiva de uceiras e toxal ou ben por pistas de terra como as dos cortalumes ou sendeiros sen máis. Moitos destes grandes ortópteros moi comúns no Suroeste de Europa, desprázanse con dificultade, ao menos non ca rapidez con que se move un saltón ou un grilo, incluso unha langosta. Levan unha especie de aguillón na parte posterior do abdome que sobresae coma un sable e que mete medo ao profano e nos asombra a todos e todas. Pero dende logo non é un aguillón e moito menos é perigoso para ningún ser vivo.

Estamos a falar en concreto dun dos ortópteros (saltóns, langostas, grilos, alacrán ceboleiro ou carriola, etc.) máis grandes e robustos de Europa: Ephippiger ephippiger Fiebig, 1784. É coñecida en moitos lugares de Galicia como cantaruxa ou carricanta polo son que fai cas súas ínfimas alas residuais que ten baixo o seu pronoto ou protórax, ao friccionalas. Esta especie de canto prodúcese dende o mediodía ata ben caída a tardiña, horas aínda de luz e calor entre os meses de agosto e setembro, as veces ata ben entrado outubro.

Carricanta femia (Ephippiger Fiebig, 1784) (foto: Julio Herrero)

Aliméntase principalmente de insectos que cazan entre a matogueira pero tamén come brotes de algunhas prantas.

¿Hai dimorfismo sexual?. ¿Existe unha forma para o macho e outra para a femia? e ¿Por qué?.

Efectivamente, nestes orthópteros o que máis chama a atención son as femias. Éstas como describíamos antes ten un ovopositor ou oviscapto na parte posterior do abdome que, como corresponde aos Ensifera ou orthoptera do grupo dos saltóns, úsano para facer un buratiño na terra e depositar os seus ovos. Estes ovopositores soen ser bastante grandes e curvados e con forma de sable pero inservibles como instrumento de defensa ou incluso ataque.

Carricanta macho (foto: Olga Vieira Parada)

O macho, como é normal, carece totalmente deste apéndice, adicándose a cantar cun chirrido agudo e moi estridente ás femias que se repite cunha frecuencia de dúas veces por segundo aproximadamente.

Unha das fobias más extendida aos insectos é a de confundir o ovopositor da carricanta cun aguillón. Este descoñecemento fixo durante moitísimo tempo que se mataran, pisaran ou destruiran gran cantidade destes insectos, dando lugar moitas veces a unha fobia (entomofobia) infundada vida dunha ignorancia maiúscula. O que temos que facer, senon somos capaces de atender a súa beleza é deixalos en paz, nin tocalos sequera. A fotografía con cámara ou móvil hoxe en día pode facer que estes insectos non sofran daño algún e que poidamos observalos con total respeto aportándonos coñecemento para poder valoralos tal e coma son, parte dos nosos ecosistemas e da nosa biodiversidade.

En Galicia se lle coñece por varios nomes segundo a comarca onde nos atopemos. Estes nomes foron colleitados grazas a colaboración da xente participativa do grupo Fauna e Flora salvaxe de Galicia en Facebook:

  • Carricanta: Rías Baixas,Terra Chá, Teixeiro e Chantada.
  • Cantariña: Curtis
  • Cantaruxa: Deza, Terras de Montes e Forcarei
  • Chicharra: Rías Baixas, Paradanta e O Suído
  • Galbana: Os Ancares.

REFERENCIAS:

SONCHE MERENDASBRAVAS OU SON MATASAFRÁNS….?

SONCHE MERENDASBRAVAS OU SON MATASAFRÁNS….?

Este trabalinguas é un simil que amosa a normal e contínua confusión de todos os anos por estas datas con dúas prantas anuais moi singulares e fermosas.

E é aquí que mentres preparamos ou realizamos os nosos percorridos medioambientais, sempre nos atopamos, nesta época do ano, a principios do outono, e incluso sen chegar a el, dúas prantas con flor a ras do chan que anuncian a chegada da ausencia de luz solar e polo tanto a chegada do outono.

A miúdo son confundidas polo camiñante ocasional, polo urbanita, non así polas xentes do agro, das nosas montañas e montes, pastores, colleitadores de toda condición, etc. Poucas persoas quedan xa, que por tradición oral ou por estudio riguroso do tema, saiban realmente de que prantas e frores estamos a falar e os usos que a elas se lles daba, ou incluso o qué nos están a comunicar cando nos brindan coa súa aparición.

Estamos a falar do matamerendas e o safrán bravo ou alcroque.

Matamerendas e Safrán bravo respectivamente

A primeria se refire á especie Colchicum montanum (L.), nome que a ciencia lle confire actualmente e que antes da revisión deste endemismo ibérico se lle coñecía co nome científico de Merendera pirenaica (L.) Lange.

A segunda pranta é moi semellante ao sasafrán cultivado ou Crocus sativus L. pero na súa especie salvaxe Crocus serotinus nas súas dúas subespecies Crocus serotinus subsp. clusii  e Crocus serotinus subsp. Salzmannii, ambas coñecidas comúnmente polo que en Galicia chamamos ao que nace como especie silvestre: safrán bravo, referíndose ao seu nacemento no monte sen intromisión da man do home no seu ciclo vital.

Si, si, si…todo isto está moi ben, pero ¿como diferencialos “de visu” cando imos polo monte?, así, a primeira vista.

A primeira vista, a cor poida que nos distraía no fundamental que é a morfoloxía da flor. Unha flor lila unhas veces máis púrpura que outras, nas que aparece cun púrpura máis apagado ou máis ben un rosa pálido. En canto á morfoloxía o matamerendas (Colchicum montanum) ten os pétalos moi pegados á terra, coma se saíran direitamente dela, non aparecendo un taio como o que sí ten o sasafrán bravo (Crocus serotinus).

Poidera parecer ao diferencialos que o safrán bravo si ten follas, unhas folliñas verdes fiadas que quedan pegadas ao chan, e que o quitamerendas ou merendeira non as ten, que só ten flor. Iso é o que aparenta a merendeira, pero non nos deixemos enganar, porque as folliñas do quitamerendas aparecen logo da froración para rematar desaparecendo no verán.

En canto as orixes dos seus nomes, os dous están relacionados ca chegada do outono: menos horas de luz e as chegadas dos primeiros fríos. O matamerendas fai referencia a que cando o “Colchicum montanum” aparece, os pastores, ao ir os días menguando en canto á luz solar, deixan de merendar no monte. E en canto ao safrán bravo, este ten no seu nome específico “serotinus”, epíteto latino que significa “do serán”, do atardecer, facendo referenza a unhas tardes máis curtas e unhas noites que chegan máis cedo..

Coma curiosidade e completar algúns coñecementos sobre estas prantas, dicir que son ignoradas e pisoteadas polo gando, non sendo consumidas nin por ovellas, cabras ou vacas. O caso do “Colchicum montanum” ou quitamerendas é que é tóxico. Toda a pranta ten un alcaloide, a colchicina, que pode ter alonxados aos herbívoros superficiais que as rechazan. A maior concentración de colchicina radica nas follas, que como xa dixemos, aparecen tras a froración e que son evitadas polo gando.

¿Quen di que as frores son só para a primavera ou o verán? A terra aínda ten moito que ensinar antes do seu letargo invernal, incluso antes de que os primeiros fríos ou nevaradas cubran a superficie dos nosos montes e montañas do interior.


REFERENCIAS:

  • Blamey, M.; Grey-Wilson Chr (2008). Flores Silvestres del Mediterraneo. Barcelona:Omega. ISBN 978-84-282-1450-6.
  • «Colchicum montanum». Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families.
  • Persson, K. (2007). Nomenclatural synopsis of the genus Colchicum (Colchicaceae).
  • Guía de las plantas de Galicia. Xosé Ramón García. Ed. Galaxia.
Atapuerca, Irati, Lumbier, Batzan e Otsagabía.

Atapuerca, Irati, Lumbier, Batzan e Otsagabía.

do 16 so 20 de setembro de 2020.

A Selva de Irati.

Olaaaa a todos e todas, amig@s e seguidor@s de A SENDA DO MOUCHO:
Apenas queda un mes para o Primeiro Gran Periplo Medioambiental deste ano 2020: Atapuerca, Irati, Batzan, Lumbier e Otsagabía. Unha viaxe medioambiental e cultural de primeira orde. Trátase dunha viaxe pola prehistoria, pero tamén polas marxes máis vírxenes do prepirineo navarro, un dos bosques máis espesos e impenetrados de Europa: a Selva de Irati e o Bosque Integral de Lizardoya. Un luxo de bosques dentro da Península Ibérica e do Sur de Europa que hai que coñecer profundamente, e iso faremos, visitando dende o cerne destes bosques ata as aldeas medievais con maior encanto e historia dos arredores.

VENTE CONNOSCO, ANÍMATE.

Para máis información contacta connosco:

whatsapp: 627133978
e-mail: info@asendadomoucho.org

A día de hoxe, todas os nosos periplos son organizados ca colaboración da axencia de viaxes habitual.

Programa da actividade:

Todos queren voltar á natureza pero ningún quere facelo a pé.

Petra Karin Kelly

16 de Setembro – Mércoles: 

BURGOS.- Visitaremos o CAREX, “Centro Arqueológico Experimental de Atapuerca”. El CAREX son as siglas que fan referencia ao espazo adicado á divulgación da Experimentación en Arqueoloxía. Aquí nos achegaremos a coñecer con gran exactitude os detaies da elaboración de ferramentas e o seu uso na prehistoria.

Homo heidelbergensis”, “Homo antecesor”, “Homo neardenthalensis” “Homo sapiens primigenius”. Varias especies de homínidos pasaron pola, unha vez, fértil terra de aluvión e densos bosques que conformaban o que agora é a Sierra de la Demanda.

Asemade desplazarémonos cara o Xacemento de Atapuerca na Sierra de la Demanda, Burgos, onde se dataron os exemplares de homínidos máis antiguos de Europa. A visita transcorre pola denominada Trincheira do Ferrocarril, un paso artificial de roca caliza  aberto na sierra a principios do século XX que sacou á luz os numerosos restos arqueo-paleontolóxicos que dan lugar a tres dos   xacementos máis sinificativos de Atapuerca, e que hoxe pódense visitar, e todo elo en tres estacións visitables coma son:  a «Sima del Elefante», «El Complejo Galería» y la «Gran Dolina».

Os xacementos de Atapuerca foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000.

Vai ser unha das aventuras mái sinificativa sobre a prehistoria que vivamos acercándonos ao mencer da humanidade en Europa e na Península Ibérica.

17 de Setembro – Xoves:            

A SELVA DE IRATI.- Percorreremos o cerne da Selva de Irati atravesando a Reserva Integral de Lizardoia, un lugar de ensono, de espesos bosques que alá por los anos 80 era controlado e restrinxido o seu paso por naturalistas e ecoloxistas voluntarios para que aquello seguira sendo o que sempre debeu ser, unha selva atlántica belísima e inacesible a primeira vista. Ademáis, subiremos ao monte Cuestión, a 1200 metros de altitude, encumbrando así este recorrido medioambiental de primero nivel, medioambientalmente falando.

Foto: Turismo de Navarra.

Trátase da paraxe de maior interese ecolóxico de Navarra, con áreas vírxenes de profusos faiais e bosques de abetos, un dos meirandes bosques deste tipo en Europa.

18 de Setembro – Venres: 

O VAL DO BAZTAN.- O Val do Batzan é sinónimo de bosques e amplios espacios vírxenes, tendo no viciño Parque Natural de Bertiz (que pertence a Bertiz-Arana) un claro exemplo. É, tras a impresionante Selva de Irati, a maior e mellor conservada mancha forestal de Navarra e aínda de toda a Península Ibérica.

É tamén unha paraxe rural con grandes caseríos e casiñas propias do Prepirineo navarro. A tradición e a superstición todavía cala fondo entre maiores e mozos e mozas, facendo referencia a espíritus protectores dos bosques.

Esto só o pode inspirar una profusa vegetación que se agocha nas colinas e os montes desta rexión e se fai impenetrable á visión do ollo humán. Un lugar para perderse, sen ningunha dúbida, tanto en corpo como en mente.

19 de Setembro – Sábado:            

A FOZ DE LUMBIER E O REINO DO VOITRE.- Chegada á estación arqueolóxica da Vila Román de Liédana, dende onde observaremos o canón da Foz de Lumbier sobre o río Irati ao seu paso por esta localidade. Máis tarde iremos propiamente ata Liédana para, dende allí, percorrer os 7 km. de ida e volta do percorrido medioambiental proposto para hoxe, atravesando este pequeño canón que aluga unha das meirandes voitreras de Europa e tamén da Península Ibérica. Asemade poderemos atopar outras aves que aniñan sobre os riscos deste maravilloso canón sobre o río Irati.

Paseo y visita por Ochagavía, que é a indiscutible imaxe clásica e histórica do Pirineo navarro coas súas rúas empedradas, as súas coidadas casas de tellados empinados e o seu río Anduña, baixo unha vella ponte medieval.

20 de Setembro – Domingo:

PAMPLONA – LEÓN – VIGO.-

Saída de Pamplona en dirección a León para realizar unha breve visita polas súas rúas. Tras a hora do encontro, previamente informada, regresaremos a Vigo.

* Todas as rutas están supeditadas a cambeos dependendo da meteoroloxía e baixo o criterio do guía.