Biografia

Biografia

Nado en Vigo, Galicia, no ano 1969, Gerardo Fernández Carrera adicou dende la nenez, na teima dos seus pais de criar aos seus fillos en plena natureza, gran parte da su vida á observación e ao aprendizaxe no coñecemento das especies tanto vexetais como animais que que lle acompanaron ata a fecha. Nacendo, como lle gustaba contar ao seu pai, nunha tenda de campaña, percorreu todos os montes da súa terra natal e buceou nas súas augas dende unha idade moi temperá.

Fillo de montañeiros e persoas ligadas as actividades do agro, tivo dende sempre unha ligazón estreita ca natureza, chegando a participar nas actividades de grupos naturalistas onde tivo contacto con destacadas figuras do conservacionismo e estudo da natureza en Galicia.

Tendo rematados os seus estudos no Instituto Politécnico de Vigo, comezou a traballar no Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (CSIC) como ayudante de investigación. Posteriormente, os seus pasos profesionais lleváronlle a traballar no Instituto Español de Oceanografía (IEO), no Centro Oceanográfico de Vigo onde realizou traballos de apoio á investigación durante cinco anos no departamento de Pesquerías Lejanas do IEO, tanto en el estudio de vertebrados como en la catalogación de invertebrados dos caladeiros de Flemish Cap e Hatton Bank entre outros. Participou tamén en campañas científicas para o estudo do fitoplancton da plataforma galega e no apoio para a identificación de especies baixo a dirección de la Dra. Beatriz Reguera, investigadora principal del Instituto Español de Oceanografía.

Foto: Dr. Alex Alonso

Gran observador e coñecedor das aves da Península Ibérica e taxónomo aficionado en varios grupos de insectos, a súa actividade científica e divulgadora exténdese a traveso da participación activa con diferentes organizacións non gubernamentais para o estudo da fauna. Tal é o caso da Asociación Ibérica de Mirmecología, da que foi presidente e a través da cal organizou o “II Congreso Internacional de Mirmecología Ibérica. TAXOMARA, 2007” celebrado na Universidade de Vigo coa entomóloga Dra. Josefina Garrido, titular de zooloxía da mesma universidade e o profesor Dr. Xavier Espadaler Gelabert da Universidade Autónoma de Barcelona (CREAF). Neste campo chegouse a entrevistar, en novembro de 2007 co eminente biólogo Edward O. Wilson cando recibiu en Barcelona o XIX Premio Internacional de Catalunya, entrega ao que Gerardo Fernández Carrera foi invitado pola Generalitat de Catalunya.

No ano 1992 tivo a súa primeira viaxe a Finlandia e Suecia o que lle levou a enamorarse do Gran Norte e hoxe en día a viaxar á Laponia en diversas ocasións levando grupos de viaxeiros e viaxeiras a esta rexión do Círculo Polar Ártico dende o ano 2018. Tamén ten acompañado a grupos por zonas máis meridionais como Albania, atravesando parques nacionais de excelente beleza.

Guía acreditado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, foi o coordinador de proxectos de Voluntariado Medioambiental do Concello de Vigo e pioneiro na creación en Vigo, das Hortas-Escola Urbanas de Vigo, proxectos nos que participou activamente da man da gran montañeira Chus Lago, que por aquel entón era a Concelleira de Medio Ambiente  do Concello de Vigo e creadora do programa Camiño a Camiño neste municipio.

Asimesmo participou co seu discurso  sobre as Illas Cíes  nos anos 2014 e 2015 en FITUR, representando ao Concello de Vigo na súa campaña de promoción de “ Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade”, ca Concellalía de Turismo.

Sen cursar nunca estudos no eido das artes plásticas nin tendo educación formal algunha no entorno da pintura ou o debuxo, recolle una ampla colección de debuxos nos seus cadernos de campo, de apuntamentos e bocetos que logo vai levando a láminas que ven debuxando dende los 11 anos de idade. Pouco a pouco vai reflexando nelas unha madurez na técnica por mera intuición, á par que descobre aos 15 anos a obra dos primeiros exploradores e xeógrafos, de grandes naturalistas da taia de Joseph Banks, Ferdinand Bauer o Daniel Carl Solander. No ano 2011 ve por primeira vez publicado un dibuxo seu na tese de doutoramento do investigador Alexandre Alonso Fernández do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC).

A Senda do Moucho é un proxecto persoal do naturalista Gerardo Fernández Carrera e creado como empresa de Eventos de Educación Ambiental no ano 2017, logo dunha dilatada e experimentada traxectoria no campo do estudo e divulgación do Medio Ambente en Galicia e outras latitudes de Europa.

Por medio dos seus famosos Percorridos Medioambientais, A Senda do Moucho, guía aos seus usuarios por diversos ecosistemas de relevancia patrimonial, tanto se se trata dun patrimonio medioambiental como se falamos do patrimonio etnográfico ou de relación do home co Medio no que se desenvolve, explicando as características máis relevantes de cada lugar, incluso, en diferentes épocas do ano.

Para A Senda do Moucho, só o coñecemento profundo das cousas lévanos a valoralas e, realmente se é preciso, a protexelas para conservalas.

Usando diversos tesouros que a natureza nos brinda, amosa con cercanía cada elemento que poidera espertar a curiosidade do viaxeiro e poida deixar grabado en cadaquén, ese periplo ou viaxe coma unha experiencia única e íntima, como se dunha viaxe personalizada se tratara.

Naturalista, ilustrador, guía e divulgador, Gerardo Fernández Carrera está plenamente comprometido ca trasmisión e divulgación dos valores medioambientais a través do seu proxecto persoal. O seu obxetivo resúmese moi ben no seu lema:

“ Porque protexemos o que valoramos e só valoramos o que coñecemos”.