Navegación por
Categoría: Vídeos

ERUNDINA E A CAMA DE VELLO

ERUNDINA E A CAMA DE VELLO

Querid@s amig@s e seguidor@s de A Senda do Moucho, hai tempo que tivemos unha saída maravillosa por entre os montes de Ventosela e Amoedo, cando aínda estaba permitido, e onde percorrimos toda aquela zona onde as pedras foron as protagonistas.

Unhas polos seus petroglifos, outras polas súas formas e nomes que lles puxeron os viciños e viciñas daquel lugar e outras polas lendas, usos e costumes ancestrais que só se constatan a través da tradición oral, tradición que é patrimonio inmemorial e inmaterial da nosa cultura.

E para axudarnos neste percorrido topámonos ca familia Míguez, viciños de Lamasusán, onde a señora Erundina, a avóa de Mauro, fíxonos de anfitriona por aqueles montes levándonos, cos seus 83 anos, a varios lugares onde as pedras tiñan nomes antigos, usos que se perden na memoria e no tempo e lendas que nos fan lembrar antiquísimas tradicións, xa perdidas, se algunha vez existiron, que nos trasportan a similitudes con outras culturas como é a pedra chamada “Cama de Vello”.

Agardamos que esta pequena reportaxe sexa do voso agrado e que vos faga coñecer un pouco máis da riqueza das nosas tradicións que xa so quedan na fala dos nosos vellos e que aquí recollemos para todos e todas vós.

Nós titulámola “ERUNDINA E A CAMA DE VELLO”.

Albania

Albania

Ola a todos e todas os mouchiños e mouchiñas que nos seguides a cotío nos nosos periplos medioambientais que documentamos aquí, en A Senda do Moucho.
Das dúas viaxes de MUNDO MOUCHO que soemos facer ao ano e nas que facemos fincapé no coñecemento do patrimonio medioambiental e cultural polo mundo adiante, queremos ensinarvos a que estivemos a realizar polos parques nacionais de Albania, no que se coñece como os Alpes Dináricos. Toda unha experiencia de MUNDO MOUCHO nun país que logo dunha década de conflictos sangrientos, saca á luz o mellor do seus ecosistemas, das súas paraxes, das súas endémicas formas de vida salvaxe, da súa historia, maravillosa historia de tribus, leis tribais, pero tamén calided na benvida, cariño e, como se soe dicir e é totalmente certo, bos e sinxelos alimentos cos que as xentes de Albania nos acolleron dun xeito difícil de esquecer.
Agardemos que vos guste.

Periplos en Laponia

Periplos en Laponia

Hoxe, nestas datas de pandemia mundial do 2020, queremos lembrarnos dos nosos dous periplos anteriores ás terras da Laponia finlandesa onde poidemos ver a forma de vida dos Sami meridionais, cruzar o Círculo Polar Ártico e, como non, coñecer a Papá Nöel, quen nos escribiu algunhas postais para levar a algúns dos fogares dos nenos que coñeciamos en A Senda do Moucho.

VOLTAREMOLO a repetir.

Preparación do río Morgadáns, 24ª Etapa do Sendeiro das Greas

Preparación do río Morgadáns, 24ª Etapa do Sendeiro das Greas

Estimados amig@s e seguidor@s de A Senda do Moucho: Aquí vos deixamos o video da preparación do río Morgadáns no que sería a 24ª Etapa do Sendeiro das Greas. Un lugar ben fermoso que agora, no outono, ben luce en todo o seu explendor.
Unha contorna de bosque caducifolio, unha fraga, que acompana ao río dende a bisbarra do Parque Natural do Monte Aloia e ben merece que o coñezamos, para así valoralo e que vexamos que merece que o protexamos ante o enorme avance de flora invasora como a acacia negra (Acacia melanoxylon) e o eucalipto, no que a parte do “Eucaliptus globulus”, xa atopamos matas de “Eucalipto citridiora” ou eucalipto limón. Un auténtico desastre para os nosos ecosistemas.

24ª Etapa do Sendeiro das Greas. Río Morgadáns.

24ª Etapa do Sendeiro das Greas. Río Morgadáns.

Ola, queridos amigos e amigas de A Senda do Moucho. Aquí vos deixamos o anuncio da 24ª Etapa do Sendeiro das Greas. Nel queremos facervos chegar un anaco do espazo tan fermoso que percorre este pequeno río que é unha das arterias principais que tributa no río Miñor, así como o fai tamén o río Zamáns.ANIMÁDEVOS A VIR e ser unha das cinco persoas que poderá vir connosco este sábado 12 ou domingo 13 de nadal.

AGARDÁMOSVOS.

Covas e Lendas Galiñeiro

Covas e Lendas Galiñeiro

Ola a todos mouchiños e mouchiñas. Aquí vos deixamos o video realizado durante a preparación do percorrido das Covas e Lendas do Galiñeiro. Xa ía pouca luz esa tarde, por iso é máis breve do habitual, pero en esencia amosa a fermosísima paisaxe desta zona entre Vincios e Vigo que ben debera estar protexida dos lumes, das prospeccións mineiras, dos que lles queren impor estacións eólicas. Un lugar que foi paso dos homes dende hai 4000 a 3000 anos antes da nosa era e que amosa petroglifos únicos en toda Europa.
Lugares que deberan estar máis protexidos. Isto, en moitos países avanzados onde se conserva a ultranza o patrimonio inmemorial e inmaterial sería inadmisible e aproveitado en prol da súa protección.
É así como queremos “vivir como galegos” ???
Educar, divulgar, coñecer para valorar e poder protexer. “Porque protexemos o que valoramos e valoramos o que coñecemos”.