Data Mundial das Zonas Húmidas

Data Mundial das Zonas Húmidas

Tal día coma hoxe, asínase no 1971 na cidade de Ramsar en Irán, o Convenio Internacional polo cal, todos os países do mundo terían que salvagardar os seus humedais ou zonas húmidas, por seren os grandes reservorios de auga doce do planeta e polo tanto para a pervivencia das especies incluida a especie humana.
Ramsar, no seu convenio, inventaria os humidais máis salientables de cada país. O Convenio Ramsar califica co seu selo a enorme importancia que ten para ese país e para a VIDA, a salubridade desas augas a nivel local e a nivel mundial.

O Concello de Vigo ten dúas Zonas Húmidas, así declaradas, de gran importancia no seu territorio: As marismas ou desembocadura do río Lagares e a Lagoa dos Nenos nas Illas Cíes (Parte do P.N. das Illas Atlánticas de Galicia), sendo a primeira zona húmida un lugar onde as augas do río Lagares, ao seu paso, constrúe outros humedais de gran importancia e sensibilidade para a fauna e flora salvaxe que exite neste concello. Un elemento do que nos esquecemos e é que temos fauna e flora silvestre en Vigo que forman parte da nosa fauna e flora urbana. TODOS DEPENDEMOS DA AUGA.
A pervivencia e salubridade das augas que verten sobre a desembocadura do Lagares son o torrente sanguíneo desta zona húmeda de gran relevancia medioambiental e histórica na Cidade de Vigo. Todos temos unha altísima responsabilidade en preservar estas augas e defendelas dos constantes episodios de contaminación que veñen sofrindo dende un pasado moi próximo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *