¿GRILOS CON AGUILLÓN?

¿GRILOS CON AGUILLÓN?

A miúdo e dende finais do vran, finais de agosto e ben entrado setembro, teremos todos os anos a posibilidade de ver unha especie de saltamontes graaaande e gordo, sen alas aparentemente, e que camiña entre a vexetación arbustiva de uceiras e toxal ou ben por pistas de terra como as dos cortalumes ou sendeiros sen máis. Moitos destes grandes ortópteros moi comúns no Suroeste de Europa, desprázanse con dificultade, ao menos non ca rapidez con que se move un saltón ou un grilo, incluso unha langosta. Levan unha especie de aguillón na parte posterior do abdome que sobresae coma un sable e que mete medo ao profano e nos asombra a todos e todas. Pero dende logo non é un aguillón e moito menos é perigoso para ningún ser vivo.

Estamos a falar en concreto dun dos ortópteros (saltóns, langostas, grilos, alacrán ceboleiro ou carriola, etc.) máis grandes e robustos de Europa: Ephippiger ephippiger Fiebig, 1784. É coñecida en moitos lugares de Galicia como cantaruxa ou carricanta polo son que fai cas súas ínfimas alas residuais que ten baixo o seu pronoto ou protórax, ao friccionalas. Esta especie de canto prodúcese dende o mediodía ata ben caída a tardiña, horas aínda de luz e calor entre os meses de agosto e setembro, as veces ata ben entrado outubro.

Carricanta femia (Ephippiger Fiebig, 1784) (foto: Julio Herrero)

Aliméntase principalmente de insectos que cazan entre a matogueira pero tamén come brotes de algunhas prantas.

¿Hai dimorfismo sexual?. ¿Existe unha forma para o macho e outra para a femia? e ¿Por qué?.

Efectivamente, nestes orthópteros o que máis chama a atención son as femias. Éstas como describíamos antes ten un ovopositor ou oviscapto na parte posterior do abdome que, como corresponde aos Ensifera ou orthoptera do grupo dos saltóns, úsano para facer un buratiño na terra e depositar os seus ovos. Estes ovopositores soen ser bastante grandes e curvados e con forma de sable pero inservibles como instrumento de defensa ou incluso ataque.

Carricanta macho (foto: Olga Vieira Parada)

O macho, como é normal, carece totalmente deste apéndice, adicándose a cantar cun chirrido agudo e moi estridente ás femias que se repite cunha frecuencia de dúas veces por segundo aproximadamente.

Unha das fobias más extendida aos insectos é a de confundir o ovopositor da carricanta cun aguillón. Este descoñecemento fixo durante moitísimo tempo que se mataran, pisaran ou destruiran gran cantidade destes insectos, dando lugar moitas veces a unha fobia (entomofobia) infundada vida dunha ignorancia maiúscula. O que temos que facer, senon somos capaces de atender a súa beleza é deixalos en paz, nin tocalos sequera. A fotografía con cámara ou móvil hoxe en día pode facer que estes insectos non sofran daño algún e que poidamos observalos con total respeto aportándonos coñecemento para poder valoralos tal e coma son, parte dos nosos ecosistemas e da nosa biodiversidade.

En Galicia se lle coñece por varios nomes segundo a comarca onde nos atopemos. Estes nomes foron colleitados grazas a colaboración da xente participativa do grupo Fauna e Flora salvaxe de Galicia en Facebook:

  • Carricanta: Rías Baixas,Terra Chá, Teixeiro e Chantada.
  • Cantariña: Curtis
  • Cantaruxa: Deza, Terras de Montes e Forcarei
  • Chicharra: Rías Baixas, Paradanta e O Suído
  • Galbana: Os Ancares.

REFERENCIAS:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *