Navegación por
Etiqueta: divulgación

ERUNDINA E A CAMA DE VELLO

ERUNDINA E A CAMA DE VELLO

Querid@s amig@s e seguidor@s de A Senda do Moucho, hai tempo que tivemos unha saída maravillosa por entre os montes de Ventosela e Amoedo, cando aínda estaba permitido, e onde percorrimos toda aquela zona onde as pedras foron as protagonistas.

Unhas polos seus petroglifos, outras polas súas formas e nomes que lles puxeron os viciños e viciñas daquel lugar e outras polas lendas, usos e costumes ancestrais que só se constatan a través da tradición oral, tradición que é patrimonio inmemorial e inmaterial da nosa cultura.

E para axudarnos neste percorrido topámonos ca familia Míguez, viciños de Lamasusán, onde a señora Erundina, a avóa de Mauro, fíxonos de anfitriona por aqueles montes levándonos, cos seus 83 anos, a varios lugares onde as pedras tiñan nomes antigos, usos que se perden na memoria e no tempo e lendas que nos fan lembrar antiquísimas tradicións, xa perdidas, se algunha vez existiron, que nos trasportan a similitudes con outras culturas como é a pedra chamada “Cama de Vello”.

Agardamos que esta pequena reportaxe sexa do voso agrado e que vos faga coñecer un pouco máis da riqueza das nosas tradicións que xa so quedan na fala dos nosos vellos e que aquí recollemos para todos e todas vós.

Nós titulámola “ERUNDINA E A CAMA DE VELLO”.