Navegación por
Etiqueta: fungo

UN FUNGO MOI POEIRENTO, Pisolithus arhizus ( Scop. ) Rauschert (1959)

UN FUNGO MOI POEIRENTO, Pisolithus arhizus ( Scop. ) Rauschert (1959)

Últimamente, nos percorridos de educación ambiental que realizamos con A Senda do Moucho, xurden cousas que as veces pasamos por alto por costume ou por estar atentos á xente que levamos guiando. Pero os nosos usuarios son xente curiosa, ávida por aprender todo o que acontece ao noso arredor. Tal é o caso de moitos fungos, prantas, etc.


Pisolithus arhizus ( Scop.) Rauschert (1959)

Todos, comúnmente, chamamos peido de lobo a calqueira fungo que solta ese póo ao aire cando se lle toca ao noso paso ou a propósito. Pero non todo é peido de lobo (Lycoperdum spp.). Hai un fungo que brota con forza á superficie da terra e que xurde ata rompendo o asfalto en zonas de estrada que transcurre pegada a bosques de eucaliptos ou amplas zonas de piñeiral e bosque mixto. Estamos a falar do “Pisolithus arhizus” ( Scop. ) Rauschert (1959).

Iste fungo aseméllase a unha trufa cando a temos fresca, recén xurdida pero a meirande parte das veces xa a vemos totalmente convertida en póo, é dicir, xa ten as súas esporas maduras nunha masa de póo marrón cando se ven en masa, estando expostas ao aire.

O Pisolithus arhizus forma micorrizas con todo tipo de raiceira polo que é moi utilizado polos silvicultores e xardiñeiros en zonas degradadas ou bosques anteriormente talados. De aí que o vexamos agromar do chan en zonas de eucaliptais e así aumentar o éxito deste tipo nocivo de silvicultura que está a asolar os nosos ecosistemas autóctonos. Nos lugares degradados polas talas e os incendios son moi comúns aparecendo ao noso paso cando circulamos por entre este tipo de prantacións, que non bosques.

Piso”, é o vocablo en grego que sinifica guisante (Pisum sativum) e “lith”=pedra e o nome específico “A”=sin e “rrizus”=raiceira. Ambos constitúen o binomio para a nomenclatura científica que desina esta especie: “Pisolithus arrhizus” ou “guisante de pedra sen raiceiras”.

Un uso tradicional en toda Europa foi o de tinxir a lá en diversos tonos de marrón, polo que traducido, por exemplo, do inglés Dyeball sería bola de tinte.

Aínda que moitos expertos din que é un fungo comestible pero de baixa calidade gastronómica, a verdade é que pode chegar a ser tóxico. É dicir, non ten importancia nin validez culinaria.


REFERENCIAS:

  • Martin, F., J. Díez, B. Dell y Delaruelle, 2002. Filogeografía de la especie ectomicorrízica Pisolithus, según se infiere a partir de secuencias de ITS de ADN ribosómico nuclear,; New Phytologist 153: pp345-357.
  • Diccionario de los Hongos; Paul M. Kirk, Paul F. Cannon, D.W. Minter y J.A. Stalpers; CABI, 2008.
  • http://www.micobotanicajaen.com/Revista/Articulos/DMerinoA/Aportaciones024/Pisolithus%20arhizus.pdf
  • https://www.first-nature.com/fungi/pisolithus-arrhizus.php.
  • https://www.sciencephoto.com/media/576067/view